Información da proba

Hai xa 4 anos que o clube Ciclista Cariño leva a cabo a ruta BTT dos Aguillóns, onde se pretende ofertar unha xornada de diversión enriba da bicicleta de montaña mentres se dá a coñecer os lugares máis característicos e fermosos da contorna da vila de Cariño. Dende a pasada edición incluímos tamén a modalidade de Andaina, que se celebra paralelamente ca ruta BTT e permite que os acompañantes e tódalas persoas que se queiran unir a desfrutar da natureza neste evento  poidan facer da maneira que máis lles conveña… é por iso que nesta II edición da Andaina polo Mazanteu incluímos tamén a modalidade de Carreira a pé. 

Pola orografía da comarca do Ortegal o percorrido caracterízase por acumular bastantes metros de desnivel positivo en relación cá distancia percorrida que fai que se convirta nunha proba esixente físicamente. Non obstante, dende a organización preténdese facer accesible a participación na proba a tódol@s aficionados o ciclismo de montaña, independientemente do seu nivel físico. Sempre haberá opción de elexir dúas distancias no momento de formalizar a inscrición ademáis de ter varias alternativas para acortar distancias e desniveis o día da proba.

Este ano otorgaremos trofeo a:

  • Participante máis novo/a.
  • Participante máis veterano/a.
  • Clube ou grupo máis numeroso.

¡Así que xa sabedes! Non esquezades poñer o nome do voso clube ou grupo se queredes optar a ese premio cando formalicedes a vosa inscrición.