REGULAMENTO

-INTRODUCIÓN

Dende o Club Ciclista Cariño convidámosvos un ano máis a que será IV Ruta BTT dos Aguillóns, que terá lugar o vindeiro Domingo 29 de Setembro no Concello de Cariño.

Contaremos con dous percorridos para a BTT cás seguintes distancias:

– 35 km´s e 1100m de desnivel acumulado positivo.

– 23 km´s e 760m de desnivel acumulado positivo. 

Outro ano máis continuamos propoñendo unha andaina polo Monte Mazanteu para aqueles acompañantes e/ou  tódalas persoas que se queiran unir a desfrutar da natureza. Ademáis, nesta II edición da Andaina polo Mazanteu damos opción tamén de facer o percorrido correndo. O percorrido comprende un tramo da primeira parte da ruta BTT que nos levará a facer unha distancia  de:

– 12,5 km´s e 500 metros de desnivel positivo acumulado.

Tanto a marcha BTT como a Andaina e Carreira a pé poderánse facer en velocidade libre, xa que se encontrarán completamente sinalizados os percorridos. Ningunha das modalidades será cronometrada nin se elaborará tabla clasificatoria.

A saída terá lugar na Casa do Concello de Cariño, onde tamén estará ubicada a meta, secretaría, consigna e pincho fin de proba.

As horas de saída serán as 9:30h para os participantes na marcha BTT, e as 10:00h para a os da Andaina e Carreira a pé.

-PARTICIPACIÓN

É OBRIGATORIO realizar a inscrición pertinente, que inclúe:

  1. Dorsal.
  2. Servizo de vestuario e duchas.
  3. Lavado de bicicletas.
  4. Dereito a abastecemento en avituallamentos e pincho final de proba.
  5. Seguro de accidentes durante o transcurso da proba.
  6. Obsequio para cada participante.
  7. Optar a trofeo si es:
  • Participante máis novo/a.
  • Participante máis veterano/a.
  • Clube ou grupo máis numeroso.

Cada participante estará cuberto por un seguro de R.C e accidentes durante o transcurso do evento. Será preciso ser maior de 12 años (xa cumpridos o día da proba) para poder participar, estar acompañado por un adulto que se faga responsable en todo momento do menor e firmar o documento de autorización pertinente no momento de retirar dorsal.

Agradecemos encarecidamente a colaboración de tódolos participantes no coidado do medio ambiente utilizando as bolsas de lixo dos avituallamientos para depositar desperdicios.

-AVITUALLAMENTOS

Contaremos con polo menos dous avituallamientos sólidos/líquidos durante o transcurso da proba, podendo engadir algún máis extra se as condicións meteorolóxicas así o reclaman.

-PREZOS:

Ruta BTT: 10€ (O prezo incrementarase en 3€ a partir do día 24 de Setembro).

Andaina e Carreira a pé: 8€ (O prezo incrementarase en 3€ a partir do día 24 de setembro).

-ACEPTACIÓN, RESPONSABILIDADE E SEGURIDADE:

A inscrición compromete ó participante á aceptación deste regulamento e atender ás indicacións da organización, respetar o medioambiente e o código de circulación vial, renunciando a calquer procedemento legal contra a organización derivada da súa participación. Ademáis, asegura que se atopa físicamente apto para afrontar o percorrido e non ten ningún impedimento físico nin psíquico que lle impida realizalo.

Autoriza a organización a divulgación de imáxes e filmacións videográficas realizadas durante o transcurso do evento.

A organización ríxese polas normas de tráfico vixentes e cada participante debe cumprir as Normas do Código de Circulación en estrada, considerándose persoalmente responsables de tódalas infracións que poidan cometer tendo en conta que o tráfico estará aberto nas zonas que transcurran por estradas.

O participante debe ser consecuente e modesto consigo mesmo e valorar a posibilidade de retirarse se cree que a actividade física durante a proba excede os seus límites. A organización non se fai responsable dos danos ou deterioros ocasionados nos obxectos personais (tlf móviles, bicicleta, etc.) ante un posible translado do participante a meta nin tampouco na zona de consigna habilitada para o evento.

O equipo médico da organización terá a potestad para retirar a calquer participante da marcha cando se considere que a súa saude está en perigo. A organización non se fai responsable de ningún accidente do que puidera ser causa ou víctima o participante, como tampouco se fai solidaria dos gastos nin as deudas que puideran contraer os participantes durante o evento.

A organización reservase o dereito de realizar as modificacións que considere precisas, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por causa de forza maior. A política de cancelación da proba por causa de forza maior está exenta de devolución. En todo caso, postporase a celebración noutra data pactada pola organización e valorarase a devolución do importe da inscrición a quen así o solicite.

Nos casos de cancelación por parte do participante terá dereito a devolución total do importe da inscrición se o notifica nun prazo de, polo menos, 15 días previos á proba. Se a notificación comunícase na última quincena ata as 48 horas previas á proba devolveráselle o 50% da inscrición. Calquera solicitude realizada despois deste período non terá dereito a ningún tipo de devolución.

Será obrigatorio o uso do casco protector na marcha BTT.