PROGRAMA

28 de Setembro

19:00 a 21:00 – Entrega de dorsais no edificio da Casa do Concello.

29 de Setembro

8:30 a 9:20 – Entrega de dorsais para a BTT e Andaina/Carreira a pé no edicicio da Casa do Concello.

9:30 – Saída da IV Ruta BTT Dos Aguillóns dende a Casa do Concello.

8:30 a 9:50 – Seguimos ca entrega de dorsais para Andaina/Carreira a pé no edicicio da Casa do Concello.

10:00 – Saída da II Andaina/Carreira a pé polo Mazanteu dende a Casa do Concello.

11:30 – Apertura das duchas no Pavillón de deportes.

13:00 – Protocolo de entrega de trofeos na zona de concentración.

14:00 – Peche de meta.

* Haberá pinchos na zona de meta para tódolos participantes.

O servicio de duchas e lavado de bicicletas estarán ubicadas no pavillón municipal de Cariño.  Dende a organización recomendamos que os participantes que vaian a facer uso destes servizos estacionen os seus vehículos nas inmediacións do pavillón e que se dirixan á saída montados nas súas bicicletas para evitar problemas de estacionamento na zona de concentración. Hay menos de 1 Km de distancia dende o pavillón ata a Casa do Concello se nos diriximos polo carril bici do paseo Marítimo.

Habilitaremos unha zona de consigna nas instalacións da Casa do Concello para depositar as vosas cousas mentres saídes a desfrutar do monte. A organización non se fai responsable dos danos ou deterioros que se poidan ocasionar nos obxectos personais.