O clube Ciclista Cariño vai pola IV edición da ruta BTT dos Aguillóns, onde pretende un ano máis ofertar unha xornada de diversión enrriba da bicicleta de montaña mentres se dá a coñecer os lugares máis característicos e fermosos da contorna da vila de Cariño. Tamén hai a modalidade de Andaina, o igual que o pasado ano, e nesta II edición da Andaina polo Mazanteu incluímos tamén a modalidade de Carreira a pé, para que ningúen se quede sen poder gozar do que a organización está a preparar para o vindeiro 29 de Setembro no municipio de Cariño.

Pola orografía da comarca do Ortegal o percorrido caracterízase por acumular bastantes metros de desnivel positivo en relación cá distancia percorrida que fai que se convirta nunha proba esixente físicamente. Non obstante, dende a organización preténdese facer accesible a participación na proba a tódol@s aficionados o ciclismo de montaña, independientemente do seu nivel físico. Sempre haberá opción de elexir dúas distancias no momento de formalizar a inscrición ademáis de ter varias alternativas para acortar distancias e desniveis o día da proba.

Este ano otorgaremos trofeo a:

  • Participante máis novo/a.
  • Participante máis veterano/a.
  • Clube ou grupo máis numeroso.

¡Así que xa sabedes! Non esquezades poñer o nome do voso clube ou grupo se queredes optar a ese premio cando formalicedes a vosa inscrición, xa seña de forma presencial na tenda de Atmósfera Sport de Cariño ou facedo un «click» aquí.