Inauguramos o noso portal web no que intentaremos darlle visibilidade o clube e as actividades que levamos a cabo. 

Como notición para comezar informamos que este vindeiro Domingo día 5 de Agosto celebramos a VII edición do día da bicicleta, en colaboración co Concello de Cariño .

A actividade dará comezo a partir das 10:30 horas, con saída dende o cobertizo. Desfrutaremos dunha ruta polas rúas da vila e ao remate, dunha proba de velocidade na zona de chegada. Podedes inscribirvos antes da saída. Os/as menores necesitaran autorización dos pais, e na ruta deben vir acompañados por un adulto.

 

 

Por outra banda, está en marcha a organización da III Ruta BTT dos Aguillóns, a cal trae como novidade nesta edición a celebración dunha Andaina polo Monte Mazanteu. Será unha actividade paralela a ruta de bicicleta, ideal para eses acompañantes dos ciclistas que non saben cómo “facer o tempo” mentres non chega a hora do xantar, ou para aquelas persoas da nosa Vila e arredores que se animen acompañarnos nunha xornada en contacto ca naturaleza, facendo actividade física e coñecendo sitios novos que seguro vos encantarán.

As inscricións para participar tanto na Ruta BTT como na Andaina deberánse formalizar na plataforma de www.galitiming.com, onde tamén teredes a opción de anotarvos o xantar de confraternidade que se fará o remate da proba e estará servido polo Catering Ferrolterra cun custo de 14€/persoa. Lembrade que é preciso anotarse para reservar plaza.