III CARREIRA TRAIL E ANDAINA DO BRANCO LEXÍTIMO terá lugar o 16 de Xuño de 2019 en Esperela, Paderne, con saída e meta no mesmo centro da aldea.

Nesta ocasión, a proba organízase en conxunto entre o noso Clube Ciclista e o Concello de Paderne, coincidindo coa MOSTRA DO BRANCO LEXÍTIMO, polo que os inscritos e os seus acompañantes poderán gozar de todo o que ésta mostra ofrece, ademais de degustar o seu famoso viño.

Toda a información e programa da mosta na web ​http://www.brancolexitimopaderne.com

As inscricións poderanse realizar na páxina web de GALITIMING ata as 22:00 do Xoves 13/06/19 ou ​ata chegar aos 400 inscritos​ entre as 4 modalidades.

Descarga o regulamento para máis información e séguenos nas RRSS para manterte informado da proba.

Esperámoste!!