Ruta BTT polo Camiño Natural do Cantábrico

Empezamos esta actividade o pasado mes de Maio do 2018 con 35 ciclistas facendo o camiño natural da ruta do Cantábrico en dúas etapas (Sábado 19 e Domingo 20), percorrendo os case 180 kms que separan Ribadeo ata Cabo Ortegal (Cariño).

Con saída dende Ribadeo, percorrendo toda a ruta que vai pola costa norte da provincia de Lugo ata chegar O Vicedo, con máis de 110 km´s e preto de 1500 metros de desnivel positivo acumulado… todo isto nunha primeira etapa. Entre medias, paramos no Concello de Burela para un avituallamento.

Fíxose unha cea para repoñer forzas na Parrilla los Árbores na Praia de Xilloi (O Vicedo), e despois dunha sobremesa marchamos a pernoctar nas instalacións da Pensión O Remo e Hostal Don Manuel.

A mañá seguinte iniciamos a ruta, pero antes desfrutamos todos dun buffete na cafetería que dispón o hostal Don Manuel.

Continuando rumbo ó faro do Cabo Ortegal faríase unha parada na Alameda do Concello de Ortigueira para un último avituallamento, e co bandullo cheo arrancábamos hacia Cariño para rematar esta actividade.

ALGUNHAS IMAXES